A HORTA DOS MILAGRES
FOTOGRAFÍAS
INICIO
COMPAÑÍA
OBRAS EN CARTEL
TÓDALAS OBRAS
CONTRATACIÓN
FICHA TÉCNICA :
Autor : Esteban Losada
Xénero : Comedia
Idioma : Galego e castelán
Público preferente : Infantil ( de 6 a 11 anos)
Duración : 60 minutos
Tempo de montaxe/ desmontaxe : 4 horas/ 2 horas
Potencia eléctrica : 5 Kw / 380-220 v
Espacio escénico : Ancho : 3 m,  fondo  : 3 m,  alto : 3 m


POSTA EN ESCENA:
Descríbese o abafante ambiente dunha leira. As personaxes son as hortalizas, o labrego que as coida e os seus visitantes, que lles contan como é a vida do exterior tal e como aperciben eles.  A súa percepción, coma non podería ser doutra forma é diferente.
Técnicas empregadas : Variña, e obxectos.


SINOPSE:
Tras unha breve presentación na que as expoñen as súas cuitas e laian a súa reclusión no horto, os legumes receben a visita do seu opresor, o labrego, que sen compaixón as rocía cunha choiva ácida. Despois de coller  unhas patacas o tirano  marcha. Os habitantes choran a desaparición dos seus compañeiros e proseguen a súa diatriba contra o labrego. A abella Mireia,  que chega do mundo exterior,cóntalles  unhas marabillas que lles poñen os dentes longos, pero a visión triunfalista de Mireia vese contrastada coa máis pesimista da xoanciña Mariña. As hortalizas, que non queren creer máis que na idílica  imaxe proporcionada por Mirella expulsan a Mariña a pedradas.
Máis tarde a chegada a o horto dun vello televisor, descúbrelles a verdadeira dimensión do mundo exterior . Amoucados recoñecen que se pasaron coa xoanciña e que no fondo non é tan malo vivir na horta e cumpri-la súa función.